venres 20/05/22
Sarreaus

FOTOGALERÍA | Derrubamento dun muro exterior da Igrexa de San Salvador de Sarreaus

A Igrexa de San Salvador de Sarreaus, é un templo neoclásico de planta rectangular, dunha soa nave, "con muros de perpiaño reforzados por contrafortes nos laterais, e cuberta con tella mixta", segundo se recolle no estudo de Fernández Otero, 'Apuntes para el inventario del Mobiliario Litúrgico de la Diócesis de Orense'. No seu interior conserva o retablo maior, barroco, cunha imaxe de San Salvador, e un altar de madeira labrada.

Este domingo, primeiro de maio, mentres se celebraba a misa do mediodía, a parte superior do muro sur cedeu. Caeron varios perpiaños sobre as sepulturas que nese lado ocupan todo o adro. Hai máis dunha ducia de tumbas afectadas, varias coas lápidas rotas e algúns perpiaños no interior.  

comentarios
FOTOGALERÍA | Derrubamento dun muro exterior da Igrexa de San Salvador de Sarreaus