Sábado. 04.02.2023
Sarreaus

FOTOGALERÍA | As "Magas" de Sarreaus traen a maxia e o desexo dun mundo en igualdade

As "Raíñas Magas" de Sarreaus prepararon todo para que nada fallase nesta tarde, na que cativos e maiores recibiron unha especial e particular visita. As mulleres da Escola de Saúde Rural da Limia traballaron para que as súas Maxestades trouxesen consigo mensaxes de paz, amor e ilusión, pero tamén de experiencia, traballo e forza na localidade limiá.

 

As mulleres estiveron moi presentes en Sarreaus para asegurar, con esperanza, que un mundo entre iguais é posible, independentemente da raza, ideoloxía ou sexo. As "Magas" erixíronse esta tarde en Sarreaus como mostra do que moitas mulleres fan ao longo do ano para fortalecer o tecido social do rural.

 

En Sarreaus fan traballo comunitario durante todo o año e, nestas datas, quixeron dedicarlle especial atención a traer ilusión ao pobo. Esta tarde uniron a nenos e maiores para contaxiarlles a alegría e tamén para compartir tempo con todos eles, agardando que os cativos constrúan recordos xunto aos coñecementos e a experiencia dos avós, os máis sabios.

 

O percorrido das "Raíñas Magas" rematou no Tele-Club de Sarreaus, onde falaron cos nenos e recibiron o seu agarimo que premiaron con agasallos. Ao longo do camiño, foron parando para entregar caramelos entre a veciñanza e, para rematar, non faltaron unhas boas rosquillas para festexar este día.

WhatsApp Image 2023-01-05 at 19.20.15_Easy-Resize.com
1 / 10

As "Raíñas Magas" percorreron Sarreaus e repartiron caramelos entre maiores e nenos.

WhatsApp Image 2023-01-05 at 19.39.38_Easy-Resize.com
2 / 10
WhatsApp Image 2023-01-05 at 19.21.01_Easy-Resize.com
3 / 10
WhatsApp Image 2023-01-05 at 19.18.35_Easy-Resize.com
4 / 10
WhatsApp Image 2023-01-05 at 19.19.52_Easy-Resize.com
5 / 10

Os cativos agardaron polas "Magas" con moita alegría.

WhatsApp Image 2023-01-05 at 19.35.53_Easy-Resize.com
6 / 10
WhatsApp Image 2023-01-05 at 19.38.16_Easy-Resize.com
7 / 10
WhatsApp Image 2023-01-05 at 19.37.56_Easy-Resize.com
8 / 10
WhatsApp Image 2023-01-05 at 19.36.16_Easy-Resize.com
9 / 10
10 / 10
comentarios
FOTOGALERÍA | As "Magas" de Sarreaus traen a maxia e o desexo dun mundo en igualdade