NOTICIAS A LIMIA | Intercambio cultural a través da cociña no CDR O Viso

As filloas non faltaron no día adicado á cociña galega.
As mulleres marroquíes prepararon un delicioso menú magrebí na primeira parte da actividade.
Os nenos degustaron os pratos.
A presidenta da Asociación Diabética Auria, Paz Gómez, e o dietista e nutricionista Pablo Vivanco participaron no intercambio.

A Asociación Diabética Auria e o CDR O Viso organizaron unha actividade de intercambio cultural a través da comida. O Centro de Inclusión de Lodoselo, en Sarreaus, foi o lugar escollido para levar a cabo esta mestura de cociñas na que participaron un grupo mulleres marroquís de Xinzo, que foron as primeiras en preparar un menú magrebí que se degustou a pasada semana.

Este martes, reuníronse de novo para degustar un menú típico de Galicia no que no houbo vieiras e filloas, entre outras cousas. As dúas xornadas serviron tamén de aprendizaxe á hora de cociñar en canto ao valores nutricionais dos alimentos. A enfermeira educadora da Asociación Diabética Auria, Marisa Ruíz, e o dietista e nutricionista Pablo Vivanco, analizaron os procesos e calculando as cantidades de hidratos de carbono que contiñan, para ofrecer una visión xeral do que implicaron os menús a escala grupal e individual.