FOTOGALERÍA | Trasmiras non faltou á cita co lume e as sardiñas do San Xoan

FOTOS: Noelia Caseiro.
O rexedor, Emilio Pazos, estivo de cociñeiro aos mandos da grella.
Logo da sardiñada, os asistentes trasladáronse ata o campo de fútbol para acender o lume purificador. FOTOS: Xosé Lois Colmenero.
Non faltou a queimada, nesta noite meiga.
Unha discomóbil encargouse de animar, musicalmente, a noite de San Xoan en Trasmiras.

Ducias de veciños e veciñas de Trasmiras participaron este venres da noite meiga de San Xoán. A celebración arrincou ás 20:00 horas a carón do pavillón polideportivo e ao son das gaitas de Escola de Música local. A festa continuaría cunha sardiñada popular para rematar, cara a media noite e na contorna do campo de fútbol cunha queimada, un par de fogueiras -unha para os máis cativos- e unha sesión de discomóbil que amenizou a xornada ata ben entrada a madrugada deste sábado 24 de xuño. 

Velaquí as imaxes dunha noite chea de maxia e confraternización.