Xoves. 28.03.2024
Trasmiras

NOTICIAS A LIMIA | A "furgoteca" desprazarase polos núcleos de maior poboación de Trasmiras

A "furgoteca" da Xunta arrancou hoxe a súa ruta pola provincia en Trasmiras. A localidade limiá foi a primera en recibir este servizo de biblioteca móbil que percorrerá os concellos dos Blancos, Calvos de Randín e Baltar, na nosa comarca; pero tamén Castrelo do Val, Laza, Cualedro, Oímbra, Vilardevós e A Gudiña.

 

O alcalde, Emilio Pazos, recibiu ao director xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo; e ao delegado territorial do Goberno autonómico, Gabriel Alén, para dar comezo a esta iniciativa. "Este servizo estase a desenvolver nas provincias de Ourense e Lugo porque son as que menos bibliotecas públicas teñen polo número de poboación. Aínda non chegamos a todos os concellos, xa que isto é unha proba piloto", explicou Lorenzo. A "furgoteca" cubrirá ese espazo con dúas visitas mensuais, cumprindo cun calendario pactado con Concellos "para que sexa accesible ao maior número de persoas", engadiu.

 

Esta tarde, a "furgoteca" instalouse na Praza do Concello de Trasmiras, pero o 17 de marzo volverá para percorrer diversos puntos da localidade. "Decidimos facelo de tarde para facilitarlle o acceso aos nenos e rapaces do concello, xa que os máis maiores teñen outro tipo de liberdade de horarios. Un día estará sempre en Trasmiras e o outro percorrerá as cinco poboacións máis grandes por habitantes do concello", explicou Pazos. A ruta será Vilarderrei, Escornabois, Vilaseca, Abavides e rematará en Trasmiras. "Queremos que chegue á maioría dos veciños", destacou o alcalde.

 

A primeira parada tiña por obxectivo dar a coñecer todos os seus servizos, dende facerse o carné de usuarios de biblioteca ata conectarse a Internet, pasando pola recollida en préstamo de libros e revistas ou participar en actividades complementarias. "O que se fai é transplantar o que se pode facer nunha biblioteca física a unha móbil", puntualizou Lorenzo. Por outra banda, o alcalde de Trasmiras tamén destacou a posibilidade de acceder a videoxogos ou películas en DVD, que tamén están dispoñibles.

 

Mañá, a "furgoteca" seguirá o seu camiño pola comarca e fará parada en Calvos de Randín entre as 10:00 e as 15:00 horas. Nas tres primeiras horas instalarase na Praza do Concello, para logo desprazarse ata Randín e Rubiás. A segunda ruta será o 24 de marzo e moverase polos núcleos de Lobás, Castelaus, Feás, Rioseco, Golpellás e Vila. A próxima semana será o turno dos Blancos, o luns, e de Baltar, o mércores.

 

O calendario completo pódese consultar na web da "furgoteca" aquí.

WhatsApp Image 2023-03-01 at 15.53.51 (3)_Easy-Resize.com
1 / 15

Emilio Pazos, Anxo M. Lorenzo e Gabriel Alén estrearon a "furgoteca" en Trasmiras. | FOTOS: Noelia Caseiro.

WhatsApp Image 2023-03-01 at 15.53.51 (2)_Easy-Resize.com
2 / 15

Esta veciña da localidade foi das primeiras en coñecer os servizos desta biblioteca móbil.

WhatsApp Image 2023-03-01 at 15.53.51 (1)_Easy-Resize.com
3 / 15
WhatsApp Image 2023-03-01 at 15.53.51_Easy-Resize.com
4 / 15
WhatsApp Image 2023-03-01 at 15.53.20_Easy-Resize.com
5 / 15

A "furgoteca" ten acceso a Internet e a diferentes dispositivos dixitais.

WhatsApp Image 2023-03-01 at 15.53.50 (1)_Easy-Resize.com
6 / 15
WhatsApp Image 2023-03-01 at 15.53.50_Easy-Resize.com
7 / 15
WhatsApp Image 2023-03-01 at 15.53.49 (1)_Easy-Resize.com
8 / 15
WhatsApp Image 2023-03-01 at 15.53.49_Easy-Resize.com
9 / 15
WhatsApp Image 2023-03-01 at 15.53.47_Easy-Resize.com
10 / 15
WhatsApp Image 2023-03-01 at 15.53.45_Easy-Resize.com
11 / 15
12 / 15
WhatsApp Image 2023-03-01 at 15.53.41_Easy-Resize.com
13 / 15
WhatsApp Image 2023-03-01 at 15.53.40_Easy-Resize.com
14 / 15
WhatsApp Image 2023-03-01 at 15.53.39_Easy-Resize.com
15 / 15
NOTICIAS A LIMIA | A "furgoteca" desprazarase polos núcleos de maior poboación de...