viernes. 26.04.2024
Vilar de Barrio

NOTICIAS A LIMIA | A decoración do cruceiro de Arnuide, a mellor de Vilar de Barrio

O Concello de Vilar de Barrio resolveu o concurso de Nadal creativo convocado para que os veciños participasen en tres categorías diferentes. Na categoría de espazos públicos, o primeiro posto foi para a decoración do cruceiro de Arnuide, onde se recreou un pequeno poboado de Nadal; no segundo atópase a área recreativa de Porto-Alemparte e, por último, recoñeceuse o traballo decorativo do grupo de catequistas de Arnuide.

 

Esta categoría do concurso reparte premios en metálico, coa condición de que sexan canxeados nos diferentes negocios da localidade ao longo deste ano. O gañador leva 500 euros, o segundo son 300 e o terceiro, 200. No resto de categorías do certame, as mellores casas engaladas foron as de Toña Folgoso, de Vilar de Barrio; de María del Carmen Araújo, tamén de Vilar de Barrio; e de Carlota Iglesias, de Maus. Estas tres premiadas recibirán cestas elaboradas con produtos e servizos do comercio local.

 

O último apartado deste concurso, o de manualidades, elexiu o traballo de Rosa Grande e M. José Prol, de Vilar de Barrio, en primeiro lugar; no segundo atópase o Grupo de manualidades de Vilar de Barrio e, por último, recoñeceuse a Hermisinda Souto, de Alemparte. Neste caso, recibirán tres agasallos artesanais como premio.

WhatsApp Image 2023-01-04 at 10.48.23_Easy-Resize.com
1 / 12

Decoración de Nadal ao carón do cruceiro de Arnuide. | FOTOS: Noelia Caseiro.

WhatsApp Image 2023-01-04 at 10.48.23 (1)_Easy-Resize.com
2 / 12
WhatsApp Image 2023-01-04 at 10.48.23 (2)_Easy-Resize.com
3 / 12
WhatsApp Image 2023-01-04 at 10.48.23 (3)_Easy-Resize.com
4 / 12
WhatsApp Image 2023-01-04 at 10.48.23 (4)_Easy-Resize.com
5 / 12
6 / 12
WhatsApp Image 2023-01-04 at 10.48.24 (1)_Easy-Resize.com
7 / 12
WhatsApp Image 2023-01-04 at 10.48.24 (2)_Easy-Resize.com
8 / 12
9 / 12
WhatsApp Image 2023-01-04 at 10.48.24 (4)_Easy-Resize.com
10 / 12
WhatsApp Image 2023-01-04 at 10.48.24 (5)_Easy-Resize.com
11 / 12
WhatsApp Image 2023-01-04 at 10.48.24 (6)_Easy-Resize.com
12 / 12
NOTICIAS A LIMIA | A decoración do cruceiro de Arnuide, a mellor de Vilar de Barrio