FOTOGALERÍA | Mercado a non perder en Vilar de Santos

Durante todo o día estará aberto en Vilar de Santos o Mercado de artesanía e produto local, unha oportunidade para coñecer e desgustar cousas feitas aquí. A Asociación Limiar e A Arca da Noe colaboran co Concello de Vilar de Santos para dinamizar unha feira que se distribúe en dous espazos: o do Museo da Limia, cos postos de artesáns e demostracións durante toda a xornada; e o do casco vello, nunhas rúas onde unha vintena de produtores (mel, carnes, pan, doces, cogomelos, cervexa...) e creadores de roupa e calzado ofrecen as súas elaboracións. Pola tarde segue aberto e ademais haberá música e animación, e unha palestra na Arca: Cultivando ruralidades, mulleres a sementar futuro, con Uxía de Bucinhos, Lucía de Laroá, Paula Miranda e Eva González (do GDR Limia-Arnoia). Ás oito haberá concerto de Faltriqueiras.

FOTOS: Diario do Limia.