FOTOGALERÍA | As aldeas de Vilar de Santos reciben ás Maxestades de Oriente

Os Reis Magos percorreron Vilar de Santos nuns remolques preparados para a ocasión.
A primeira parada foi no centro de día.
A última parada dos Reis Magos foi a Casa do Concello de Vilar de Santos.

As aldeas de Vilar de Santos enchéronse de ilusión e ledicia na tarde deste xoves, xa que os Reis Magos chegaron para visitar a nenos e maiores. O percorrido comezou no centro de día, onde estiveron cos seus veteranos usuarios, para despois desprazarse por diversos puntos da localidade. O seu camiño rematou na Casa do Concello para que os máis pequenos compartisen con eles os seus desexos desta noite.