NOTICIAS A LIMIA | O BNG de Vilar de Santos presenta o seu novo proxecto político á veciñanza

Antonio Míguez, candidato do BNG e alcalde de Vilar de Santos.
Un dos actos de campaña deste domingo tivo lugar no salón multiusos do Concello de Vilar de Santos.
Os integrantes da lista do BNG acompañaron a Míguez nestes actos mitins.
Mitin en Parada de Outeiro.
Faladoiro nunha das localidades de Vilar de Santos.

O BNG de Vilar de Santos contou este domingo con dous grandes actos de campaña, nos que presentou o seu proxecto político á veciñanza. O actual alcalde e candidato dos nacionalistas, Antonio Míguez, deu mitins en Parada de Outeiro e no salón multiusos do propio Concello de Vilar de Santos.

Míguez, xunto con membros do seu equipo que o acompañan nas listas, explicou o programa completo no que se inclúe a ampliación da residencia de maiores, a mellora dos servizos sociais, a aposta pola cultura, a potenciación do seu parque empresarial ou a rehabilitación de vivendas para axudar a fixar poboación.

Estes actos de campaña, completáronse esta fin de semana con novos faladoiros que levaron a cabo en Briexome de Abaixo, Laioso e Castelaus. Alí, reuníronse ca veciñanza para achegarlles as súas propostas para os vindeiros catro anos.