Parada de Outeiro celebrou un magosto que volveu poñer en valor a tradición e o sabor do outono na Limia. O Concello de Vilar de Santos reuniu á veciñanza e visitantes arredor das brasas para gozar dun xantar popular no que os produtos locais foron os protagonistas.
Ao longo da xornada reinou o bo ambiente, a música e as conversas entre veciños que non quixeron perder unha das citas máis queridas do municipio. O traballo dos voluntarios contribuíu a que todo saíse á perfección, mantendo vivo un festexo que forma parte esencial da identidade cultural da comarca.
O Magosto de Parada de Outeiro demostrou, un ano máis, que a tradición segue moi presente e que apostar polos produtos da terra é a mellor maneira de celebrar o que somos: comunidade, unión e orgullo polo local.
FOTOS: Noelia Caseiro.
