🚜 ALIMAGRO | A pataca, raíña absoluta nun día marcado pola Tortilla Xigante da Limia

O segundo día de Alimagro arrancou está mañá e moitos curiosos achegáronse ó pavillón de deportivo e ó Toural para desfrutar da Feira da Pataca e da Feira da Maquinaria. Na primeira, os visitantes tiveron a oportunidade de probar os produtos expostos nos que a pataca é a raíña. Na segunda tamén houbo unha intensa mañá de xente na procura de maquinaria.

A xornada de hoxe está marcada pola degustación da Tortilla Xigante da Limia, na que se empregarán 200 quilos de patacas limiás e ovos de Coren, que terá lugar esta tarde ás 19:00 horas e contará co acompañamento musical da Banda de Gaitas de Baltar.

Mañá será o último día de Alimagro, que terá pola mañá unha xugada de vacas e apeiros de labranza ás 11:00 horas. Un pouco máis tarde, ás 13:00 horas, haberá unha degustación de patacas e tenreira da Limia. Pola tarde, a Banda J amenizará a xornada ás 18:00 horas, mentres que ás 19:00 horas poderase degustar un revolto de patacas panadeiras con queixo de Arzúa. Alimagro botará o peche desta edición ás 21:00 horas.

FOTOGALERÍA: Noelia Caseiro.