🚜 ALIMAGRO | “Para que serve? Canto custa?”

)
ALIMAGRO (90) (FILEminimizer)

A terceira edición de Alimagro abriu as portas este venres exhibindo unha ampla gama de tractores e outra maquinaria de última xeración, tecnoloxía punta para o agro que espertou a curiosidade dos primeiros visitantes. Diante de moitas ferramentas a primeira pregunta era: “Para que serve?”. A seguinte: “Canto custa?”. A tecnoloxía alcanza na actualidade a substituír á man humana en case todas as tarefas do agro. A feira, coas súas máquinas, poderá visitarse esta fin de semana entre as dez da mañá e as nove da noite.

FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.