O COB achega o seu baloncesto a máis de cen nenos e nenas do AB Xinzo

FOTOS: Noelia Caseiro.
cob-18
cob-19
cob-20
cob-21

Os xogadores e adestradores do Club Ourense Baloncesto visitaron Xinzo de Limia para compartir unha xornada inesquecible coa canteira do AB Xinzo. Máis dun cento de xogadores e xogadoras recibiron ao equipo ourensán, que participou con eles en sesións de xogo, aprendizaxe de novos movementos e dinámicas na pista.

A actividade concluíu cunha rolda de preguntas onde os máis pequenos puideron coñecer curiosidades do día a día dun deportista profesional, ademais dunha firma de autógrafos que puxo o peche perfecto a unha tarde chea de baloncesto e entusiasmo.