Non sabemos se as mozas botaron mozo ou non, ou terán que agardar un ano se é que non o atoparon o 14 de maio -ainda que para ese día quedan todavía dúas xornadas-. Pero do que si non temos dúbida é do éxito de convocatoria que tivo esta nova edición da Feira das Mozas.
Non fuxiu dalgunha crítica por terse adiantado á xornada na que historicamente se celebraba, pois a feira do 14 de maio din que incluso podía chegar a ser mellor ca dun 14 de agosto. Con todo, o público respondeu, sobre todo cara a tarde noite do sábado, que fixo que a Praza Maior de Xinzo tivera un aspecto similar á dun Domingo Oleiro.
Non faltou a música en cada recuncho do casco vello limián, como tampouco na foliada vespertina e xa case nocturna. E tamén houbo quen se interesou por aprender algúns dos oficios xa case perdidos.
Nós estivemos nalgúns dos momentos do día.