FOTOGALERÍA | Xinzo viviu unha viaxe polo mundo a través do Folclore
Xinzo de Limia viviu unha nova xornada de folclore internacional coa presenza dos grupos de Armenia, Senegal e México, que levaron ata a vila limiá parte das tradicións culturais dos seus respectivos países a través da música, o baile e os traxes tradicionais.
As actuacións permitiron ao público achegarse a tres formas diferentes de entender e vivir o folclore, cun percorrido por ritmos, danzas e expresións culturais propias de cada territorio.
A xornada contou cunha notable presenza de público, que acompañou as diferentes actuacións e gozou dun espectáculo marcado pola diversidade cultural e pola participación dos grupos internacionais.
As Xornadas de Folclore regresan así a Xinzo de Limia como un punto de encontro entre culturas, permitindo que tradicións de diferentes partes do mundo compartan escenario coa cidadanía.
A celebración conta coa colaboración da Deputación de Ourense, que fai posible, un ano máis, que esta programación internacional chegue a Xinzo e permita achegar ao público música, danza e tradicións de diferentes países