FOTOGALERÍA | A Agrupación Musical da Limia e Mondra poñen o toque musical no terceiro día das festas

A Agrupación Musical da Limia ofreceu un concerto dentro da programación das Festas de Santa Mariña. | FOTOS: Noelia Caseiro.
A Praza Maior encheuse para desfrutar coa súa música.
O artista Mondra actuou na Praza Carlos Casares coa súa mestura de música tradicional galega coa actual.
O terceiro día da programación das festas de Santa Mariña de Xinzo estivo marcado polas actuacións da Agrupación Musical da Limia, que encheu a Praza Maior; e de Mondra, unha nova figura do escenario musical galego que mestura tradición cos sons máis actuais, que ofreceu un concerto para a veciñanza na Praza Carlos Casares.