FOTOGALERÍA | Coche accidentado (sen feridos) derruba un poste en Piñeira Seca

O lugar do accidente, 12 horas despois.
O lugar do accidente, 12 horas despois.

Tres persoas ocupantes dun turismo da marca BMW resultaron feridas e foron trasladadas polos servizos de emerxencia con prognóstico leve despois de sufrir un accidente en Piñeira Seca, na estrada de Pidre (Xinzo de Limia) pouco despois das 07:00 deste mércores que amañeceu con chuvia na Limia.

O vehículo, que circulaba en dirección á N-525, sufriu unha saída de vía á altura de Piñeira Seca e chocou contra a base dun poste do tendido eléctrico. O golpe derrubou o poste, que quedou suxeito polos cables. O turismo sufriu danos na parte dereita dianteira, e saltaron os airbags do interior, mais o habitáculo aparentemente non se deformou.

Ao lugar do sinistro acudiron o 061, unha unidade de Protección Civil de Xinzo, os bombeiros, a Garda Civil e operarios para unha reparación de urxencia do tendido, que seguían traballando no lugar unha hora despois de que saltou a alarma no 112.