FOTOGALERÍA | O colgamento do Meco prende Xinzo entre lume e tradición no segundo fin de semana de Entroido
02 de febrero de 2026 (17:59 h.)
O Entroido de Xinzo viviu un dos seus actos máis simbólicos co colgamento do Meco, protagonista dunha noite chea de lume, sátira e tradición. A veciñanza reuniuse arredor da praza para arroupar unha escena que se repite ano tras ano e que mantén viva a esencia máis retranqueira da festa.
Revive imaxe a imaxe os momentos máis destacados dunha celebración que volveu encher as rúas de ambiente entroido.