lunes. 27.05.2024
Xinzo

FOTOGALERÍA | Conclúe, coa entrega de diplomas, o Obradoiro conxunto de Xinzo e Sandiás

Este martes celebrouse na Casa da Cultura do Concello de Xinzo de Limia o acto de clausura e entrega de diplomas ás 20 persoas participantes do Obradoiro de Emprego no Camiño. O programa cofinanciouse entre a Consellería de Emprego e Igualdade e os concellos de Xinzo de Limia e Sandiás.

O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, estivo acompañado polo alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, polo xefe territorial de Emprego e Igualdade, Iago Borrajo, e pola exalcaldesa Elvira Lama. O acto estivo moderado por Margarita Vázquez Alcalde, directora do Obradoiro.

 

Tódolos intervintes quixeron agradecer o traballo e implicación das 20 alumnas e alumnos, que conseguiron levar adiante moitos proxectos de humanización nos dous concellos. En Xinzo de Limia, realizáronse tarefas de mantemento dos moitos parques e xardíns de titularidade municipal, como foron a reparación e renovación de xardineiras, poda de árbores e un longo etcétera de actuacións nos entornos do Parque da Seara, Rúas Lepanto e Galicia, o grupo Santa Mariña ou o Parque do Pombal, entre outras.

Tamén se incidiu por parte da sección de carpintaría no mantemento e reparación de bancos, así como no embelecemento e humanización de diferentes zonas coa instalación de varandas ou cobertoiras para os colectores do lixo.

A día de hoxe existe intencionalidade por parte de tódalas institucións implicadas en darlle continuidade a este proxecto. Dende o Concello de Xinzo de Limia, sinalou o alcalde Amador Díaz que "queremos seguir ofertando cada ano este Obradoiro tan positivo para a mellora da empregabilidade, así como para a humanización de espazos públicos durante os diferentes procesos de aprendizaxe das alumnas e dos alumnos”.
WhatsApp Image 2023-09-26 at 17.44.23
1 / 19

Os alcaldes de Xinzo e Sandiás, Amador Díaz e Felipe Traveso.

WhatsApp Image 2023-09-26 at 17.44.22 (4)
2 / 19
WhatsApp Image 2023-09-26 at 17.44.22 (3)
3 / 19
A entrega dos diplomas tivo lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Xinzo de Limia. | FOTO: Noelia Caseiro.
4 / 19
WhatsApp Image 2023-09-26 at 17.44.22 (1)
5 / 19
WhatsApp Image 2023-09-26 at 17.44.22
6 / 19
WhatsApp Image 2023-09-26 at 17.44.21 (6)
7 / 19

Na primeira liña, Elvira Lama, exalcaldesa de Xinzo de Limia, coa que comezou o obradoiro que este martes se clausurou.

WhatsApp Image 2023-09-26 at 17.44.21 (5)
8 / 19
WhatsApp Image 2023-09-26 at 17.44.21 (4)
9 / 19
WhatsApp Image 2023-09-26 at 17.44.21 (3)
10 / 19
WhatsApp Image 2023-09-26 at 17.44.21 (2)
11 / 19
WhatsApp Image 2023-09-26 at 17.44.21 (1)
12 / 19

As dez mulleres e os dez homes participantes no obradoiro, recibindo os diplomas.

WhatsApp Image 2023-09-26 at 17.44.21
13 / 19
WhatsApp Image 2023-09-26 at 17.44.20 (5)
14 / 19
WhatsApp Image 2023-09-26 at 17.44.20 (4)
15 / 19
WhatsApp Image 2023-09-26 at 17.44.20 (3)
16 / 19
WhatsApp Image 2023-09-26 at 17.44.20 (2)
17 / 19
WhatsApp Image 2023-09-26 at 17.44.20 (1)
18 / 19
WhatsApp Image 2023-09-26 at 17.44.20
19 / 19
FOTOGALERÍA | Conclúe, coa entrega de diplomas, o Obradoiro conxunto de Xinzo e Sandiás