FOTOGALERÍA | Cruenta batalla no Limia entre castrexos e romanos (II)

Os castrexos dérono todo nunha dura batalla contra os romanos. | FOTOS: Noelia Caseiro.

XXIII Festa do Esquecemento comezou e rematou, pero antes, unha intensa batalla volveu ter lugar na beira do río Limia. A última xornada, a deste domingo, serviu para recrear a chegada das tropas do Imperio Romano, comandadas por Décimo Xuño Bruto.

Primeiro, os romanos cruzaron o río Lethes sen perder nin un pouco da súa memoria. Logo, a batalla deu comezo na beira do Limia porque os castrexos non se ían deixar abasallar. Houbo sangue e moita morte nesta recreación, que puxo o broche de ouro a esta festa.