FOTOGALERÍA | Danzón conquista o Nadal cun estoupido de ritmo e ilusión
20 de diciembre de 2025 (18:39 h.)
A Casa da Cultura encheuse por completo para celebrar a gala de Nadal de Danzón, unha cita que puxo en evidencia o esforzo e a dedicación do alumnado e do equipo da escola de baile.
Entre nervios, ilusión e moitas horas de ensaio, o público puido gozar dun espectáculo marabilloso no que o baile se converteu no verdadeiro protagonista.
A xornada deixou unha atmosfera única e unha sensación xeral de orgullo e satisfacción polo traballo ben feito.