FOTOGALERÍA | O desleixado aspecto do pavillón no que se pretende promover o comercio local de Xinzo

FOTOS: Noelia Caseiro

Os consumidores, polo xeral, escollen sempre para mercar aqueles establecementos comerciais que mellor apariencia presentan, tanto externa como internamente. Nuns días, o pavillón municipal de Xinzo de Limia será o recinto que albergará, case de xeito simultáneo, dous importantes eventos expositivos: a feira do comercio local do colectivo Prolimia, e a máis específica do sector primario, Alimagro. 

Os que se acheguen ata o lugar terán, coma primeira impresión, un pavillón que, polo seu aspecto exterior, semella case abandonado.