FOTOGALERÍA | Un día histórico para o Xinzo que vén

O Delegado do Goberno, José Miñones.
O Delegado do Goberno, José Miñones, co subdelegado en Ourense, Emilio González.
José Miñones.
A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama.
A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama.
Ángel González del Río, xefe da Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia.
Ángel González del Río.
O autor do proxecto, Enrique Urcola.
Enrique Urcola.
O Delegado do Goberno, José Miñones.
José Miñones.
José Miñones e Emilio González.
Miñones e Lama, tras o remate da presentación.

O Delegado do Goberno, José Miñones, e a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, presidiron esta mañá o acto de presentación do proxecto de reforma da N-525 ao seu paso por Xinzo. A vía será remodelada por completo e convertirase nunha gran rúa, con xardíns e zonas de preferencia peonil. O investimento, case 4 millóns de euros (a metade do orzamento de Xinzo), será do Estado, malia a titularidade da infraestrutura pasará a ser do Concello de Xinzo. A obra modificará o aspecto do novo Xinzo. No acto, tamén participaron o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, ademais dos responsábeis ministeriais Ángel González del Río, xefe da Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia, e Álvaro Rodríguez, da Unidad de Carreteras del Estado en Ourense, así como o autor do proxecto, Enrique Urcola.

FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.