FOTOGALERÍA | Este é o estado do paseo que se atoparán mañá a alcaldesa e o presidente da CHMS

FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil, organismo autónomo dependente do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, anuncia para mañá luns unha visita do seu presidente, José Antonio Quiroga a Xinzo de Limia. O motivo, visitar xunto a alcaldesa, Elvira Lama (PSOE), a zona na que a Confederación e o Concello de Xinzo teñen previsto actuar sobre as infraestruturas de saneamento e o estado das marxes e do propio río no seu tramo urbano. Este breve álbum fotográfico resume o estado actual do paseo que utilizan a diario ducias de veciñas e veciños, descontentos co abandono deste lugares. Mañá, a once meses das municipais, os responsábeis políticos poderán comprobar as razóns dese malestar.

FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.