FOTOGALERÍA | Xinzo encheuse de música tradicional no VIII Festival Internacional de Bandas de Gaitas
A Praza Carlos Casares de Xinzo de Limia volveu converterse este sábado nun punto de encontro para a música tradicional coa celebración da segunda xornada do VIII Festival Internacional de Bandas de Gaitas "Vila de Xinzo", unha cita que reúne cada verán agrupacións de diferentes territorios para compartir escenario e cultura.
O público puido gozar das actuacións da Banda de Gaitas Vega de Espinareda, da Escola de Gaitas de Ortigueira, da Banda de Gaites Villaviciosa "El Gaitero", das Cantareiras da Limia e da Banda de Gaitas de Xinzo de Limia, que ofreceron un amplo repertorio de música tradicional e popular.
O festival continúa consolidándose como unha das citas culturais máis destacadas do verán en Xinzo de Limia, reunindo veciñanza e visitantes arredor da música de raíz e favorecendo o intercambio entre agrupacións procedentes de distintos puntos da Península.
A programación do VIII Festival Internacional de Bandas de Gaitas "Vila de Xinzo" continúa este domingo coa última xornada do evento, poñendo o broche final a unha fin de semana dedicada á tradición, á cultura e ao son da gaita.