FOTOGALERÍA | Ritmo e emoción en estado puro na gala de final de curso de Danzón

FOTOS: Noelia Caseiro.
gala danzon diario-

Dúas horas ininterrompidas de baile, un pavillón municipal de Xinzo a rebentar e centos de bailaríns e bailarinas sobre o escenario fixeron da gala de fin de curso da academia Danzón un auténtico espectáculo.

Un ano máis, a cita foi un éxito rotundo, chea de boa vibra, moito ritmo e emoción a flor de pel.