Xinzo de Limia volveu vivir este sábado unha das súas celebracións máis simbólicas co Día das Vestais, unha cita que xa se consolida no calendario local como espazo de lembranza e encontro. O acto reuniu a centos de persoas arredor do lume e do lanzamento de faroliños, nunha emotiva homenaxe colectiva ás persoas que xa non están.
O evento, cargado de simbolismo, destaca coma sempre pola súa posta en escena, caracterización dos participantes e pola participación da veciñanza, que respondeu con agarimo a unha proposta que mestura tradición, memoria e identidade cultural.
Unha experiencia visual e emocional que converteu a noite nun acto de recoñecemento e unión comunitaria. A través da luz, Xinzo volveu mirar ao pasado para manter viva a memoria no presente.
As vestais preparadas antes de arrincar o desfile inaugural. | FOTOS: Anabel G. Simón
