FOTOGALERÍA | Manuel Pardo, en el Día Mundial sin Tabaco: "Amador... Acepta o reto!!!"
Un cento de rapazas e rapaces do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia, acompañadas da práctica totalidade do seu equipo docente, recibiron este venres, na xornada na que se conmemora o Día Mundial sen Tabaco, ao delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, que viña acompañado pola xefe territorial de Educación, Jorge Rubén Sampedro Grande, e a súa homóloga de Sanidade, Laura López del Castillo. Tamén estiveron presentes no acto, o rexedor antelán, Amador Díaz; o seu tenente de alcalde, Antonio Fernández Veiga; a concelleira de Servizos Sociais, Ánxeles Martínez, a de Deportes, Cristina Campero; e o de Festexos, Ricardo Sieiro.
Todos reivindicaron a necesidade de erradicar o tabaco da sociedade, e non caír na tentación de comezar na adicción a idades temperás.
Alumnas e alumnos amosaron o traballo realizado recollido nun vídeo, un rap e un manifesto contra o tabaco. O rexedor, Díaz Penín, dirixiuse aos asistentes amosando o paquete de cigarriños que levaba no peto traseiro, confesándose fumador. Pardo Cid, na súa alocución, celebrou a participación do IES Cidade de Antioquía no programa de concienciación de Xunta de Galicia, louvou a implicación da cativada e acabou lanzándolle unha clara mensaxe a todas, alcalde engadido: “Amador… Acepta o reto!!!!” (de deixar de fumar).
Manuel Pardo salientou que a Consellería de Sanidade leva anos traballando en prevención e sensibilización fronte a esta adicción, non só con actos como este senón tamén coa colaboración con numerosas entidades na loita fronte ao tabaquismo, e especialmente, no ‘Programa Clases sen fume’ no que alumnos e profesores dunha aula de 1º e 2º de ESO, comprométense a non fumar durante un período de 6 meses do curso escolar, e a elaborar e presentar dúas actividades relacionadas coa promoción da vida sen tabaco. Durante este curso 2025/2026 participaron, nesta provincia, 407 alumnos de 21 aulas de oito centros educativos.