FOTOGALERÍA (I) | O Meco e "Nito", protagonistas da tarde previa do Oleiro

Sempre é entre o lusco e o fusco, pero non hai sábado previo ao Oleiro no que o Meco non remate sentenciado e parapetado no medio da Praza Maior de Xinzo de Limia. 

Antes, gaiteiros, corozas, homes da bota, do corno ou da aguillada -e centos de persoas- acompáñano no seu derradeiro paseo pola vila dende o Museo do Entroido ata o casco vello para rematar no corazón de Xinzo. 

Alí, un entroideiro de toda a vida, Arsenio Martínez Paz "Nito" recibiu a Aguillada de honra deste entroido 2024. Ben merecida, sen dúbida.