FOTOGALERÍA | Un percorrido polo MUGAE para descubrir o Entroido a través dos traxes tradicionais

Sala de exposicións do Museo Galego do Entroido de Xinzo. | FOTOS: Noelia Caseiro.
Pantallas na zona central da sala do museo.
Bonita de Sande (Cartelle).
Peliqueiro de Laza.
Os traxes do vellarón, troteiro, vergalleiro, boteiro e felo.
Felo de Maceda.
Boteiro de Viana.
Vergalleiro de Sarreaus.
Troteiro de Bande.
Vellarón de Riós.
Traxes do cigarrón, mázcara e Máscara de Buxán.
Cigarrón de Verín.
Mázcara de Manzaneda.
Máscara de Buxán.
Labardeiros de Mugares, en Toén.
Pantallas de Xinzo.
Volante de Chantada, en Lugo.
Xeneral do Ulla.
Sardiña para o Mércores de Cinsa.
Folión de Trives.
Capuchón de Xinzo.
Gárgola de Celanova e dous mecos.
Xigante-Touro de Celavente, do Bolo.
Traxes de Cobres, en Vilaboa (Pontevedra), de Meira, en Moaña (Pontevedra), de Baltar e de Entrimo.
Galán e madama do Entroido de Cobres, en Vilaboa, Pontevedra.
Galán do Entroido de Meira, en Moaña, Pontevedra.
Madama de Meira, Moaña; e a de Baltar.
Galán de Baltar.
Madamito e madamita de Entrimo.
Merdeiro de Vigo.
Traxes do Felipeiro de Montalegre (Portugal) e do cabreiro de Muíños.
Careto de Baçal, en Bragança, Portugal.
Frai Canedo da Ponte, en Ourense.

O Museo do Entroido Galego (MUGAE) de Xinzo é un dos puntos culturais que non se pode perder un ao longo deste mes, marcado por esta festa. Dentro das súas instalacións, os asistentes poderán coñecer os traxes tradicionais de diferentes entroidos, principalmente de Ourense, pero tamén do resto de Galicia e de Portugal.

As pantallas non poden faltar representando á comarca da Limia, pero non son as únicas. Tamén se expón o traxe e a máscara dun vergalleiro de Sarreaus ou un galán e unha madama de Baltar. Do resto da provincia non poden faltar as figuras representativas dos entroidos de Verín, Laza ou Viana, así como de fóra en Lugo, Pontevedra ou ata Montalegre, en Portugal.

Pódese visitar en horario de mércores a domingo, incluídos festivos, entre as 10:00 a 13:30 horas polas mañás e de 16:30 a 18:30 horas polas tardes.