FOTOGALERÍA | A Pista dos Castros gaña as Olimpíadas Rurais Interpobos

As probas das II Olimpíadas Rurais Interpobos leváronse a cabo no Toural, en Xinzo. | FOTOS: Noelia Caseiro.
FOTO: Cedida.
FOTO: Cedida.
FOTO: Cedida.
FOTO: Cedida.
FOTO: Cedida.
FOTO: Cedida.
FOTO: Cedida.
FOTO: Cedida.
FOTO: Cedida.
FOTO: Cedida.

Dous puntos. Esta cifra foi a que separou ao gañador das Olimpíadas Rurais Interpobos do terceiro clasificado. A competición, organizada polo CDR O Viso en colaboración co Colectivo RAS, contou con 16 equipos e máis de 200 participantes que o deron todo para converterse no mellor pobo que, con 155 puntos, foi a Pista dos Castros. Por detrás quedou o grupo de Laroá -154- e o de Camiño da Rá-Fussión Fitness -153-.

O evento tivo lugar no Toural e a meteoroloxía foi a que marcou esta xornada de xogos, conviviencia e competición. As probas desenvolvéronse con normalidade ata as 19:00 horas, cando a organización decidiu non celebrar as de Loita Galega, a Carreira de Relevos e a exhibición dos Vintos

Borja Rubén Domínguez, presidente do Colectivo RAS, agradeceu a participación desta segunda edición, que foi todo un éxito e duplicou as cifras do ano anterior. "Non podemos sentir outra cousa máis ca orgullo pola resposta dos veciños e veciñas tanto na competición coma na asistencia e nas colaboracións de clubes e negocios do ámbito do deporte”, resaltou. O clima foi de convivencia comunitaria onde a clasificación final non era o máis importante. 

Por outra banda, dende a organización tamén destacan o impacto económico desta actividade que "apenas ten investimento" para celebrarse. "As 200 persoas atletas xantaron e cearon en Xinzo, así que estamos felices por axudar tamén á aposta pola economía circular", engadiu Borja Rubén Domínguez, quen tamén agradeceu o apoio do Concello ao ceder as instalacións e pola súa axuda loxística, o de entidades como Limisi e o seu asesoramento na inclusión da perspectiva da diversidade funcional, e da Consellería de Política Social como financiadora do evento.