FOTOGALERÍA | A promoción 18-25 do Lagoa de Antela despídese
16 de mayo de 2025 (09:53 h.)
Un intre detido no tempo. Así queremos lembrar o acto de despedida da promoción 2018-2025 do IES Lagoa de Antela. 34 mozos e mozas que, entre sorrisos, bágoas e abrazos, comezan unha nova etapa da vida.
Nesta galería capturamos a esencia dun día cheo de emocións, palabras sinceras e miradas cómplices. Un día que ficará para sempre na memoria, porque, por moito que os camiños se bifurquen, este centro será sempre o voso fogar.
Parabéns e sorte, promoción 18-25. O mundo agárdavos.