FOTOGALERÍA | Ramón de la Fuente Galván, un fillo máis de Xinzo

A alcaldesa, Elvira Lama, e o concelleiro Manuel Pérez, presidiron o acto de homenaxe. | FOTOS: Noelia Caseiro.
Gislena de la Fuente, filla de Ramón de la Fuente, representou á súa familia.
O Salón de Plenos encheuse para a concesión de Fillo Adoptivo da vila a Ramón de la Fuente.
Una actuación musical acompañou a este acto.
Familiares do finado doutor e político.
Gislena de la Fuente recibiu de man de Elvira Lama a Medalla do Concello.
Gislena de la Fuente dedicou a medalla a seu pai.
Elvira Lama entregoulle á filla do homenaxeado o documento que acredita a distinción que se lle concedeu.
O son da gaita tamén estivo presente neste solmene acto.
Antonio Fernández, Amador Díaz, Ramiro Rodríguez, Gislena de la Fuente, Rafael Penabad, Elvira Lama, Manuel Pérez, Ramón Gómez e José Alberto Martínez, posan co documento que acredita ao homenaxeado como Fillo Adoptivo.
Membros da corporación municipal, xunto coa filla de De la Fuente, amosaron a Medalla do Concello concedida a título póstumo.
A familia de De la Fuente reuniuse para lembralo.

Ramón de la Fuente Galván, quen exerceu a medicina durante década na Limia e tamén participou na vida política de Xinzo, recibiu esta fin de semana a distinción de Fillo Adoptivo da vila a título póstumo. O acto, que encheu o Salón de Plenos do Concello, contou coa presenza da familia do finado e a súa filla, Gislena de la Fuente, recibiu de mans da alcaldesa, Elvira Lama, recibiu a Medalla do Concello.

Gislena de la Fuente asegurou no acto que o seu pai, que faleceu o 31 de outubro de 2021, estaría encantado e plenamente agradecido” con esta homenaxe. A filla lembrou o amor que Ramón de la Fuente profesaba por Xinzo, xa que era “un home de pobo que disfrutaba dos paseos pola vila, gustáballe a compañía das súas xentes e da natureza. Nunca falou mal de ninguén nin puxo por diante o interese particular”.