FOTOGALERÍA | Rotundo éxito de Civitas como organizador dun concurrido Samaín

Ata os nubeiros desapareceron como xenerosa mostra de respecto ao esforzo que a Asociación Cultural Civitas Limicorum exerceu ofrecendo aos limiáns -e a outros moitos de fóra da comarca- un amplo e elaborado programa de celebración do Samaín. Ningún cativo se moveu da Praza Maior dende as catro da tarde, hora na que arrincaron os obradoiros de cabazas, pinturas terroríficas e mesmo apócemas de druída. Aínda que a mellor apócema para recuperarse foi a grande chocolatada prevista ás 19:00 horas, que permitiu recuperar folgos de cara á última parte do programa, con danzas de mortos vivos -e vivos mortos-, momias e espectáculos de lume e queimada. 

Colaboraron activamente as asociacións de nais e pais do CEIP Rosalía de Castro e Carlos Casares, así como a Academia de Baile Danzón e Fusion Fitness. O Concello de Xinzo contribuíu economicamente ao éxito.