FOTOGALERÍA | A veciñanza de Xinzo sae á rúa na honra da súa patroa, a Santa Mariña

Este martes, Xinzo festexa o día grande das súas frestas de Santa Mariña. Esta mañá, a veciñanza saíu á rúa para participar na procesión que tivo lugar dende a igrexa vella ata a nova, percorrendo as rúas do casco vello da vila, e así honrar á súa patroa.

 

O novo Goberno municipal, encabezado polo alcalde, Amador Díaz, non faltou a esta cita. Tamén estiveron presentes o tenente de alcalde, Antonio Fernández; e os concelleiros Carlos Gómez, Ángeles Martínez, Ricardo Sieiro e Cristina Campero.

 

A Banda de Gaitas de Xinzo e a Agrupación Musical da Limia acompañaron á comitiva coa súa música e, para rematar, os xigantes e cabezudos volveron roldar polas rúas da vila.