FOTOGALERÍA | Víctor F. Freixanes, premiado en Xinzo por toda unha vida ligada á comunicación e ás letras

FOTOS: Noelia Caseiro

Xinzo de Limia acolleu a entrega do Premio de Xornalismo Carlos Casares, un galardón que nesta edición recoñeceu a traxectoria de Víctor F. Freixanes, escritor, editor e expresidente da Real Academia Galega.

A vila reuniu representantes institucionais, persoas vinculadas ao ámbito cultural e veciñanza nun acto que puxo o foco na defensa da lingua galega, na comunicación e na memoria de Carlos Casares.

O xurado distinguiu a carreira de Víctor F. Freixanes, unha figura de referencia na cultura galega contemporánea polo seu labor como escritor, editor e divulgador.

A gala serviu tamén para reivindicar o papel da cultura e do xornalismo na sociedade, ademais de lembrar o legado de Carlos Casares, unha das personalidades máis destacadas das letras galegas do século XX.