FOTOGALERÍA | Xinzo revive o Gran Circo Romano na XXV Festa do Esquecemento

Cada fracción do público animaba con entusiasmo ao seu escravo. | FOTOS: Anabel G. Simón.
Os visitantes tamén poideron desfrutar dun mercado romano con gran variedade de postos.

Este sábado, no marco da XXV Festa do Esquecemento, tivo de novo lugar a representación do Gran Circo Romano. Durante as dúas horas que durou o espectáculo vivíronse grandes momentos de intensidade, pois alí, un público entusiasmado tivo a oportunidade de presenciar carreiras de cuadrigas, loitas de gladiadores e outras recreacións espectaculares de xogos típicos desta época da historia. 

Este circo constituiu o gran reclamo desta edición, xa que foi recuperado tras anos de ausencia, e encádrase dentro dunha gran programación gratuíta con máis de 50 actividades en distintos espazos da vila. 

Ademais, esta edición conmemorou os 25 anos da celebración e nesta ocasión con vocación solidaria, destinando os beneficios de tódolos artigos de merchandising para a axuda das zonas afectadas polos recentes incendios forestais.