FOTOGALERÍA | A ESMULI pechou o ano cun gran concerto de Nadal

Os nenos de Música e Movemento foron os primeiros en actuar. | FOTOS: Noelia Caseiro.
A Chikiband actuou por primeira vez en Xinzo tras gañar o Certame Galego de Bandas de Música.
A Agrupación Musical da Limia tamén se sumou a este evento de Nadal.
Un membro da Coral Santa Mariña recibiu un recoñecemento.
A Coral Santa Mariña foi a última en actuar.

A Escola de Música da Limia pechou o 2022 cun gran concerto de Nadal no que participaron dende os máis pequeno ata os maiores. Os cativos alumnos de Música e Movemento foron os primeiros en subirse ao escenario, para dar paso á Chikiband, que recementemente foi recoñecida como a mellor banda infantil no Certame Galego de Bandas de Música. Logo foi o turno da Agrupación Musical da Limia e, finalmente, a Coral Santa Mariña pechou o evento musical.