FOTOGALERÍA | Laroá recibe de novo ás súas veciñas aladas

FOTOS: Noelia Caseiro.

Os farois que iluminan a estrada principal de San Pedro de Laroá, en Xinzo, xa volven estar habitados polas súas moradoras habituais: as cegoñas. Os niños, visibles ao longo do tramo da estrada, roldan a decena e están listos para que estas aves aniñen neles ao longo dos próximos meses.

Esta mañá, as cegoñas ocupaban os niños da estrada de Laroá e incluso se puido ver a algunha destas aves preparar un novo. A súa presenza na Limia é importante, xa que son unha especie que abundaba na antigua Lagoa de Antela e a súa desecación fixo diminuír a súa población.

Nos últimos anos, as cegoñas volven gañar presenza na comarca, o punto da provincia no que maior concentración de niños existe. No caso de San Pedro de Laroá, as aves conviven en harmonía coa veciñanza, o tráfico e tamén o traballo da terra mentres crían e agardan o nacemento das súas crías, antes de ter que partir de novo.