FOTOGALERÍA | As olas, preparadas para voar este domingo polo ceo limiao

As olas chegaron esta tarde a Xinzo dende Niñodaguia. | FOTOS: Noelia Caseiro.
As olas quedarán gardadas no Museo Galego do Entroido ata o domingo.
Os fachóns, listos para alumear a noite do Colgamento do Meco.
O Meco agarda polo sábado, cando sairá á rúa.

Chegadas dende Niñodaguia, as olas xa agardan polo día no que serán protagonistas do Entroido. Este domingo voarán polos aires na Praza Maior e nas rúas do casco vello de Xinzo, para vivir unha das grandes citas desta festa. Dende hoxe ata o domingo quedarán gardadas a bo recaudo no Museo Galego do Entroido, de onde partirán para que os xogos den comezo.

A xornada do domingo iniciarase ás 12:00 horas coa saída do carro das olas hacia a Praza Maior, onde os nenos desfrutarán do Oleiro Infantil ás 13:00 horas. Pola tarde, será o turno dos máis maiores que porán a proba as súas habilidades. O carro arrancará o seu camiño ás 16:30 horas para que o xogo comece ás 17:00 horas.

Importante para este día, ir vestido ao estilo da primeira metade do século XX. Esta petición tamén se traslada ao sábado, cando se fará o Colgamento do Meco "entre lusco e fusco". Os fachóns tamén están preparados para arder e alumear a noite limiá, acompañando ao Meco que presidirá o Entroido de Xinzo ata o seu remate.