FOTOGALERÍA | Dura e exitosa proba do Camiño Race da Copa OCRA Galicia en Xinzo

FOTOS: Noelia Caseiro.
Pedro Suárez converteuse no campión da Copa OCRA Galicia tras vecer no Camiño Race.
Damián Espasandín rematou en segundo lugar.
Fuen Vaquero foi a primera muller en rematar a proba, sendo a campioa feminina do Camiño Race da Copa OCRA Galicia.
A Asociación Cultural Civitas Limicorum colaborou coa proba.
Os cativos dérono todo na súa carreira.
FOTO: O Camiño Race.
A proba pasou polo río Limia. | FOTO: O Camiño Race.
FOTO: O Camiño Race.
As premiadas da categoría feminina en Élite: Olalla González, Fuen Vaquero e Sara Rodal.
Pedro Suárez e Damián Espasandín remataron e proba Élite en primeiro e segundo lugar. | FOTO: O Camiño Race.

A proba deportiva do Camiño Race da Copa OCRA Galicia rematou con éxito en Xinzo e cunha participación de máis de 500 corredores, que tiveron que superar os diferentes obstáculos dos percorridos. O gañador da categoría Élite, Pedro Suárez, cruzou a meta cun tempo de 52,23 minutos, mentres que a vencedora feminina, Fuen Vaquero, fíxoo con 1,15,05.

O percorrido, aínda que foi curto para os participantes, resultou duro pola complexidade dos obstáculos a sortear, polo que a proba foi máis atractiva para o público que saíu ás rúas de Xinzo para ver a todos os atletas.