FOTOGALERÍA | Unha viaxe pola historia da música a través dos soños

Alumnos do Conservatorio de Xinzo participaron no concerto didáctico que ofreceron para a cativada. | FOTOS: Noelia Caseiro.

O Conservatorio de Música de Xinzo ofreceu un concerto didáctico para a cativada, no que a través dos soños dun rapaz, coñeceron as famosas melodías dos compositores máis importantes. Os alumnos do conservatorio foron os encargados de interpretar as pezas para alumnos do CEIP Carlos Casares, do CEIP Rosalía de Castro, do CEIP Sandiás e do CEIP Baltar, que foron os centros convidados nesta ocasión.