Esta fin de semana tivo unhas xornadas de moita troula coa noite de San Xoán. A veciñanza do barrio do Polígono en Xinzo desfrutou desta festividade cunha variada programación con música a cargo da e Escola de Música da Limia e da Agrupación Musical da Limia, pero tamén co Trío X-Tra.
O mellor desta festividade foi a cea popular que reuniu a veciños, amigos e coñecidos para comer o produto estrela da noite de San Xoán, as sardiñas. Tampouco faltou o churrasco para acompañar e, para rematar, prendeuse unha gran fogueira.
Non moi lonxe, concretamente en Vilar de Santos, celebrouse a I Romaría de San Xoán de Saa. Esta aldea abandonada, que se está a recuperar, encheuse de vida para festexar unha máxica noite. A veciñanza reuniuse para cear, facendo un éxito desta iniciativa que quere recuperar a festividade no concello.

Os alumnos da Escola de Música da Limia (Esmuli) ofreceron un concerto na festa de San Xoán do barrio do Polígono de Xinzo. | FOTOS: Noelia Caseiro.








José Luis Tielas, director da Esmuli.












Hai que non se quixo perder nada, aínda que fose dende a casa.

Unha boa churrascada formou parte do menú.








O trío X-Tra puxo o toque musical durante a noite.





Os máis bailaríns da festa.










As sardiñas tampouco faltaron na súa noite.


As mesas enchéronse para cear e festexar.








O escultor Xosé Lois Carrera estivo presente na cita.


O exconcelleiro Manuel Pérez -primeiro á esquerda- tamén desfrutou desta festa.









En Vilar de Santos, o alcalde, Antonio Míguez, tomou o control da queimada na I Romaría de San Xoán de Saa. | FOTO: Cedida.

Os veciños traballaron para que esta festa fose un éxito. | FOTO: Cedida.


A xente encheu de vida Saa para festexar o San Xoán. | FOTO: Cedida.

A música tradicional non faltou nesta festividade. | FOTO: Cedida.

Os pementos de Padrón formaron parte do menú. | FOTO: Cedida.

Como en toda festa popular, non podía faltar un bo churrasco en Vilar de Santos. | FOTO: Cedida.
