FOTOGALERÍA | Os campus deportivos de Xinzo poñen fin a unha semana de actividades

Os campus de tecnificación en fútbol e baloncesto, organizados polas Escolas Deportivas do Concello de Xinzo e a Asociación de Baloncesto Xinzo coa colaboración do Concello, remataron esta mañá. Cada un deles logrou reunir a uns 80 cativos, amosando o seu éxito neste inicio das vacacións de verán.

 

A concelleira de Deportes, Cristina Campero, visitounos nes último día para despedilos. Entregou diplomas e agasallos entre os participantes, que son o futuro do deporte limiao.