FOTOGALERÍA | Centos de pantallas percorreron as rúas de Xinzo nun solleiro Domingo de Corredoiro

Collendo forzas antes de saír á rúa. | FOTOS: Noelia Caseiro.

Este domingo celebrábase no municipio de Xinzo de Limia o seu característico Domingo de Corredoiro, un dos días máis especiais de todo o programa no que as pantallas saen ás rúas por primeira vez no ano.

Locais e visitantes poideron desfrutar da que é sen dúbida a raíña do Entroido. Unha multitudinaria xornada na que non faltou de nada: sol, charangas e incluso a esperada chegada dos pediatras á Limia. 

Pese a iso, este día convertiuse nunha mostra máis da masificación dos nosos entroidos, culpable de que estas figuras tan emblemáticas non poidan lucirse nin correr polas rúas da localidade como lles houbese gustado.