Hoxe arrancaron en Xinzo de Limia dúas das feiras máis esperadas do ano: a V edición de Alimagro, Feira do Agro da Limia, e a V Feira do Comercio Prolimia. Este evento conxunto, que se estenderá até o 1 de setembro, reúne o mellor do sector agroalimentario e do comercio local nunha fin de semana que promete ser histórica tanto en afluencia como en impacto económico.
Para acoller ambas feiras, a organización ampliou a zona de exposición, instalando unha gran carpa exterior para a tradicional Feira da Pataca, mentres que a Feira do Comercio terá lugar no pavillón polideportivo. Con esta disposición, espérase que se superen todos os rexistros de participación e asistencia, convertendo Xinzo de Limia nun referente do sector en Galicia e no resto de España.
Como xa vén sendo tradicional, non faltaron á cita da inauguración conxunta, todas as principais autoridades implicadas no sector, como a conselleira de Medio Rural, María José Gómez; o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, así como o director xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, como máximo representante da actividade comercial que tamén expón esta fin de semana no pavillón polideportivo.
Logo da bendición -outro dos clásicos-, paseíño da banda da Agrupación Musical da Limia, e un longo percorrido por todos e cada un dos expositores presentes; a comitiva, na que tamén participaban varios dos rexedores e rexedoras da comarca; rematou cunha degustación de productos locais baixo a carpa de Alimagro, novidade nesta edición.

FOTOS: Noelia Caseiro.









A Banda da Agrupación Musical da Limia pechou a quenda de intervencións.



Carlos Gómez, Jaime Collazo e Ricardo Sieiro.








O director da Agrupación Musical da Limia, José Luis Tielas.


O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acompañado por Susana Vázquez, rexedora de Porqueira e Antonio Fernández Veiga, tenente de alcalde de Xinzo.




Luis Menor saúda á conselleira de Medio Rural, María José Gómez.

Gabriel Alén, director xeral de Comercio da Xunta de Galicia -primeiro pola esquerda-.



José Manuel Gómez Gómez, presidente da IXP Pataca de Galicia; Josefa Asunción Morgade, alcaldesa de Rairiz de Veiga, e Elvira Lama.







O rexedor de Xinzo de Limia, Amador Díaz Penín.

Tamén estivo presente a deputada autonómica limiá, Cristina Campero Dorado.

Luis Menor Pérez, presidente da Deputación de Ourense, dirixíndose ao público.

A conselleira de Medio Rural, María José Gómez.










O xefe territorial de Medio Rural en Ourense, José Antonio Armada, saudando a un dos expositores.






As autoridades percorreron, un por un, todos os stands.



A alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez Dorado.














María José Gómez e Luis Menor, tractoristas.


