FOTOGALERÍA | Gonzalo Iglesias Sueiro reúne a máis de 200 persoas na presentación de "Reflexións no último milenio"

O pasado sábado, 25 de xaneiro de 2025, tivo lugar a presentación do libro "Reflexións no último milenio", escrito por Gonzalo Iglesias Sueiro, na Biblioteca Municipal Antelana, situada no Concello de Xinzo de Limia.

O autor estivo acompañado por Amador Díaz Penín, Alfonso Carlos Lois Suárez, Maribel Outeriño Rodríguez e Xesús Alonso Montero. O acto foi organizado en colaboración co Concello de Xinzo de Limia e a súa Concellería de Cultura.

Máis de 200 persoas asistiron ao evento, destacando a gran expectación xerada polo libro e polo autor.