FOTOGALERÍA | Cheo histórico en Xinzo para a II Fase da Copa Deputación

FOTOS: Noelia Caseiro.

O pavillón de Xinzo de Limia quedou pequeno para acoller a II Fase Provincial da Copa Deputación 2025.

Representantes de toda a provincia de Ourense déronse cita nunha xornada chea de deporte, emoción e talento.

Cun ambiente espectacular e o recinto totalmente ateigado, o público gozou dunha competición vibrante que puxo en valor o traballo dos clubs e escolas participantes.