FOTOGALERÍA | Recordos e emocións na graduación do IES Cidade de Antioquía
17 de mayo de 2025 (00:53 h.)
A Casa da Cultura de Xinzo de Limia encheuse de aplausos, emocións e lembranzas para celebrar a graduación da promoción 2019-2025 do IES Cidade de Antioquía.
Un acto cheo de momentos especiais no que profesorado, familias e amizades acompañaron o alumnado nesta despedida tan significativa.
Porque pechar etapas tamén é abrir portas, e esta fornada de estudantes lévase consigo moito máis ca libros: levan experiencias, risas, aprendizaxes e vínculos que durarán para sempre.