FOTOGALERÍA | Xinzo celebrou o Día Mundial da Bicicleta cunha xornada escolar chea de recordos

FOTOS: Noelia Caseiro.

Xinzo de Limia recuperou a tradicional celebración do Día Mundial da Bicicleta cunha actividade escolar que evocou tempos pasados. O alumnado participou nun percorrido en bici polo centro da vila, con saída desde o parque da Telleira.

A xornada rematou cun circuíto de seguridade viaria na praza Carlos Casares, organizado pola Policía Local, no que se practicou a circulación respectando sinais e normas de tráfico reais.